A NOSA PÁXINA WEB

Visita a nosa páxina web:
http://bandabelesar.es.tl

CONTACTA CON NÓS

Podeste poñer en contacto con nós a través do seguinte correo electrónico:
amdebelesar@hotmail.com
javibelesar@hotmail.com
Tamén podes contactar con nos a través dos teléfonos:

619 41 25 10- Teléfono da banda
615 24 70 68- Mª Jesús Martíns Passos (Presidenta)
696 10 54 20- Javier Domínguez Millán (Director)
A nosa dirección de correo postal é:
R/ Reverendio Benedicto Polo nº 10, Medialdea, Belesar. C. P. 36307 Baiona-Pontevedra

lunes, 17 de septiembre de 2007

O NOSO EQUIPO DE DE FÚLBOL SALA













Un dos obxetivos desta banda de música, é fomentar o compañerismo entre os membros do colectivo, un exemplo claro, é o nacemento do noso equipo de fútbol sala. A Agrupación Musical de O Rosal (os nosos padriños), organizaron na Semana Santa do ano 2005, o seu 1º Campeonato de Futbol Sala, o que nos presentábamos por isi de participar, cal fopi a nosa sospresa, pasamos a final e gañámola competindo cos nosos amigos da banda de Goián. O ano seguinte, na 2ª edición do torneo, tamén gañamos o torneo, pero esta vez xogando ca Banda de Salceda. Este ano, temos previsto participar na 3ª edición e ademáis, etamos preparando o noso 1º Torneo.

martes, 11 de septiembre de 2007

RUBÉB SIMEÓ E JOSE VICENTE SIMEÓ O NOSO 1º SOLISTA E DIRECTOR CONVIDADOS


O pasado venres 31 de Agosto e dentro do 1º CICLO DE DIRECTORES E SOLISTAS CONVIDADOS, tivemos a gran sorte de poder contar ca colaboración de RUBÉN SIMEÓ GIJÓN , un xoven trompetista de 15 anos nacido en Vigo, e que na actualidade está considerado coma un dos mellores trompetistas do mundo, e como director o seu pai JOSE VICENTE SIMEÓ MÁÑEZ, que licenciado en Trompeta e foi director das bandas Municipal de Tui, Ourense e Agrupación Musical de O Rosal. Cando comezamos o ensaio xeral e despois de moitos ensaios nas tres semanas anteriores, non dábamos crédito o que estabamos escoitando, non entendíamos como un rapaz de 15 anos, podia facer o que Rubén sacaba pola sua trompeta. Era un obxetivo que nos marcábamos xa que era a primeira vez que acompañábamos a un solista destas características, e tamén era a primeira vez que nos dirixia outro director que non fose o noso director titular. A verdade e que unha vez que comezamos o ensaio, todo foi indo sobre rodas, incluso mellor do que todos esperábamos, a verdade e que Jose Vicente, facendo gala da sua experienzia, nos daba moitos ánimos a todos os músicos

XA TEMOS O NOSO PRIMEIRO C.D



O día 20 de Xuño deste mesmo ano, presentamos o noso primeiro traballo discográfico en formato Cd. Un traballo feito con moito agarimo. Este Cd, foi grabado polo técnico de són da Radio Galega "PABLO BARREIRO", no auditorio "MARTÍN CODAX" do conservatorio Superior de Música de Vigo e foi patrocinado pola Comunidade de Montes de Belesar.
Neste noso primeiro traballo discográfico, titulado NA SAIA DA GROBA, podemos escoitar as duas primeiras obras grabadas en directo no V e no VI Certames de Bandas de Música da Exma. Diputción Provinvial de Pontevedra. O primeiro tema, GALLAECIA (Obra obrigada do compositor Jose Bugallo Senrra, no que acadamos o 2º PREMIO), a segunda, ST. MARTIN´S SUITE (Obra libre de Jan Van der Roost, ca que acadamos o 3º PREMIO). A partir da terceira obra, o pasodobre taurino, EL TIO CANIYITAS do mestre R. Dorado, quixemos incluir un repertorio mais popular, xa que creemos que este traballo tiña que estar feito para todolos oíntes. A cuarta obra e NEGRA SOMBRA música de Xoán Montes e letra de Rosalia de Castro, ésta é unha versión inédita do noso director Javier Domínguez Millán e que está interpretada como tenor solista por Alejandro A. González Passos (Trombón da banda). A continuación podemos escoitar un preciosos bolero para gaita solista e banada do compositor Ernesto Campos, arranxada por X. Luis Represas e interpretada polo gaiteiro santiagués, Jose López (JOSELE), a quen queremos agradecerlle a sua colaboración desinteresada. A sexta pezas, VOLVORETA, é do compositor ouresán Felisindo Pérez Seara, unha xota galega para banda e gaitas, seguida de JAVIER, un pasodobre tamén para gaitas e banda do mesmo autor. A continuación a popular peza NA RUA DO PORTO do mestre Alsirio Fernádez (antigo director da banda Unión Musical de Mougás), e finaliza a peza inédita NA SAIA DA GROBA do noso director Javier Domínnguez Millán, adicada a parroquia de Belesar e que dá titulo a este primeiro Cd.