O día 20 de Xuño deste mesmo ano, presentamos o noso primeiro traballo discográfico en formato Cd. Un traballo feito con moito agarimo. Este Cd, foi grabado polo técnico de són da Radio Galega "PABLO BARREIRO", no auditorio "MARTÍN CODAX" do conservatorio Superior de Música de Vigo e foi patrocinado pola Comunidade de Montes de Belesar.
Neste noso primeiro traballo discográfico, titulado NA SAIA DA GROBA, podemos escoitar as duas primeiras obras grabadas en directo no V e no VI Certames de Bandas de Música da Exma. Diputción Provinvial de Pontevedra. O primeiro tema, GALLAECIA (Obra obrigada do compositor Jose Bugallo Senrra, no que acadamos o 2º PREMIO), a segunda, ST. MARTIN´S SUITE (Obra libre de Jan Van der Roost, ca que acadamos o 3º PREMIO). A partir da terceira obra, o pasodobre taurino, EL TIO CANIYITAS do mestre R. Dorado, quixemos incluir un repertorio mais popular, xa que creemos que este traballo tiña que estar feito para todolos oíntes. A cuarta obra e NEGRA SOMBRA música de Xoán Montes e letra de Rosalia de Castro, ésta é unha versión inédita do noso director Javier Domínguez Millán e que está interpretada como tenor solista por Alejandro A. González Passos (Trombón da banda). A continuación podemos escoitar un preciosos bolero para gaita solista e banada do compositor Ernesto Campos, arranxada por X. Luis Represas e interpretada polo gaiteiro santiagués, Jose López (JOSELE), a quen queremos agradecerlle a sua colaboración desinteresada. A sexta pezas, VOLVORETA, é do compositor ouresán Felisindo Pérez Seara, unha xota galega para banda e gaitas, seguida de JAVIER, un pasodobre tamén para gaitas e banda do mesmo autor. A continuación a popular peza NA RUA DO PORTO do mestre Alsirio Fernádez (antigo director da banda Unión Musical de Mougás), e finaliza a peza inédita NA SAIA DA GROBA do noso director Javier Domínnguez Millán, adicada a parroquia de Belesar e que dá titulo a este primeiro Cd.
No hay comentarios:
Publicar un comentario